Ruta “Mondariz Balneario. As fontes no Patrimonio histórico-artístico”. 30 de marzo

Durante o percorrido notamos unha presenza constante ás nosas costas; é o Castelo de Sobroso que nos vixía teimudamente desde a súa atalaia. A ruta de Mondariz Balneario ten moito que oferecernos. Así, os pequenos bosquetes e as fragas polas que transitamos nos encamiñan a nucleos rurais en consonancia co terreo.

Os nosos sentidos prenden na paisaxe envolvente e, de socato, introdúcenos no casco urbano; aparecen a monumentalidade da súa Arquitectura Civil e os seus, noutrora, requintados xardíns, indisolúbeis deste patrimonio.

Non acaba acó o traxecto pois pronto se xuntan as augas do río Xabriña e do río Tea nun treito bravo dos ríos que nos levará até outro elemento patrimonial ben fermoso, a Fonte de Troncoso.

É Mondariz Balneario…anímaste?

Indicacións
-Localización. Mondariz Balneario
-Data. 30 de marzo.
-Lonxitude do percorrido. 9 quilómetros.
-Dificultade. Baixa.
-Punto de encontro. 10,45h, na Fonte de Troncoso, en Mondariz Balneario. (Enviaranse correos coa súa situación).
-Hora de comezo. 11h.
-Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
-Tarifa. 7€ (Inclúe  a monitorización da ruta e o seguro de responsabilidade civil).
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 3€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 3€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 3€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 3€.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-Cómpre inscribirse antes do 29 de marzo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *