Faia Educación Ambiental

Haikus Travesía

Espida, teces solpores no chan, mantas da terra.
Mentres, boa e xenerosa, ti sí,
soñas nas polas primavera. (Rosa H.)

Cabalo branco
corre veloz no ceo;
desaparece. (Albina L.)

Bosque sereno,
chuvia leda de follas;
a brisa xoga. (Albina L.)

No ceo azul
as pólas do carballo
debuxan formas. (Albina L.)

A herba garda
ben tapado debaixo
o cogumelo. (Albina L.)

O aire trae
memorias de ben estar:
cheira xa o pan. (Albina L.)