Faia Educación Ambiental

Haikus Serra d’Arga

Irmanciña pedra
sempre presente
en camiños, espigueiros e sebes (Rosa María)

Buscadores de sombras, de auga,
de mares de terra, de ceos lonxanos,
de vidas alleas que tamen son miñas (Anónimo)

Macaóns, cardos
Sobreiras e carrouchas
Arga marela (Yolanda P.)

Serra d’Arga,
Xuncos, sobreiras, volvoretas…
Deixar todo como estaba. (Antonio)

Moras das silveiras.
Rabuñadas.
Ñam! (Ana Somoza)

Na inmensidade das crestas
rompen os sons das augas e paxaros
Relaxación e grandeza (Nieves C.)

A Serra d’Arga
non cala que fala
de historias pasadas,trasnos e fadas (Rosa María)

Sabores da vida
revolven nas memorias
Empanadas, licores, amoras.. (Nieves C.)

“O Sol”
Escintileo
requento, xa abafo
Teño que marchar (Urbano)

Volvoretas volvoroteando
Pozas de auga fresca.
Pés ao ar. (Ana Somoza)

Un ano complicado,
por Caminha,
Que mellor compañía (Antonio)

Camiño co sol
Conversas e emocións
Boa compaña (Yolanda P.)

O carro marcou
as laxes da Serra d’Arga
que tantas veces pisou (Rosa María)