Faia Educación Ambiental

Haikus “Bosques de Balneario”

PASEO “BOSQUES DE MONDARIZ-BALNEARIO” 31/05/2020

“Murmurios da auga
pólas que bican nubes
Pedras Idosas” (Anónimo)

“Brillan os fíos
tecedora de seda
a vella araña” (Xabier Toba)

“Aprendemos da terra
sons, arrecendos, palabras,..
Días de luz” (Anónimo)

“Canta, branca flor
o galo negro cala
clara branca voz” (Xabier Toba)

“Camiña, camiña
Xabriña,
canta auga tiña” (Antonio)

“As Augas mansas conducen as follas caídas
Na fervenza o río canta cheo de vida.
E un peto verdeal anuncia que por alí está” (Raquel)

“Loureiro, auga, río,
só se vive
facendo o camiño” (Anónimo)

Brillos e destellos tras tempo opaco.
Sons de vida tras silencios apagados.
Renacer tras invernada! (Nieves)

“Guardián de Rocha,
fermosas perlas de auga,
máxico bosque. (Victoria)

“Río Xabriña
Cabaliños do demo
Cores, luz e son” (Helena)

“Paralela á forza do río
a serenidade continua do regato..
Natureza e vida, experiencia! (Nieves)

A libeliña
aquiétase na rama.
Xabier, sorrindo. (Geni Pampillón)

Os sons do Xabriña
auga cantareira
segredos que garda. (Toñi Lorenzo)

Remanso de paz, de acougo
e o monte que fala
precisa cariño, precisa mimalo. (Toñi Lorenzo)

Fento comun                                                     FENTO
Fento femia, fenta
Pouco fento (Urbano)

Camiñar, falar                                                     VIVIR
Regatos, ríos, fontes
Iso e apostar (Urbano)