Obradoiro “A elaboración de cervexa na casa”. 29 de marzo, 5 de abril.
A elaboracion de cervexa e os seus sabores, texturas e aromas variarán segundo os tipos de malta a utilizarmos, a cantidade de lúpulo, o momento de o engadir ao mosto, as temperaturas de cocción ou a correcta utilización do lévedo.
E así, no obradoiro, faremos unha deliciosa cervexa negra a partir do extracto de malta.
PROGRAMA
Sábado 29 de marzo, 9,30h-12,15h
Os útiles. Fermentadores, válvula, densímetro, termómetro. Alternativas caseiras.
Os ingredientes. A auga, o lévedo, o extracto, o lúpulo.
Método de elaboración. A cocción, o arrefriado, as densidades, a fermentación.
Proba de cervexa cobriza caseira
Sábado 5 de abril 9,30h-11,30h
A gasificación
O embotellado
Anímaste?
Indicacións
-Datas. 29 de marzo e 5 de abril.
-Destinatarias. Público adulto.
-Localización. Baixo no Porriño.
-Duración global. 5h aproximadamente.
-Hora de comezo. 9,30h
-Punto de encontro. 9,15h na Praza do Concello.
-Tarifa, 19€. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-Inscrición. Data límite, 28 de marzo.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes ligar para o 686998706.