Haikus ‘Xurés-Gerês”
Ar ceibado sonoro de tons e soños
Ventiño que agarimas eidos e prados
E esculpes os roquedos e limas acantilados
(Raquel Arines)
Vento de amor
Forte,ledo,querido
Vives comigo
A lúa brilla
O vento asubía
Vai namorado.
A mimosa ri
Ao paso do vento
Faille cóxegas
(Toñi Lorenzo)
Co murmurio
e ceibe movemento
arrolame o vento
(Victoria Conde)
Buscando o vento.
Lento, morno, ausente.
Inmenso vento!
(Margó)
Cuando a chuvia ven antes co vento,
recolle a vela
non esperes momento
(Antonio Conde)
Nordés da costa
Batendo na arèa
Tecendo nas ondas
(Haiku adicado ó nordès da Costa da norte,q marcou a paisaxe e a personalidade dos seus habitantes. Nieves Chouciño)
“Gavieira
onde unha veciña dixo
terra selvagem mas gente boa”
Serra do Xurés
nai acolledora
ata para a flor da pampa
Vento
que me fas aloumiños na cara
para sorrir
Paz
agasallo da Serra
para formar parte dela
(Rosa María)
Vento ventoso
forza da Natureza
Sempre serás noso
Vento venteiro
música nas árbores
Vento gaiteiro
(Helena Pérez)
Cativada que arrepía do trebón e a refolada
Hogano rebulde cando a airada bícalle os cabelos
Azouta na serra, o arrecendo do cumial abeira nas brañas
(Pablo Casal)