Faia Educación Ambiental

Haikus “As fragas do Alén”

Abraioume a luz do día,
A natureza chea de encanto e vida
amosanos todo o seu esplendor (Rosa M.)

‘O Alen’
Roo, lúzome
burbullo, agóchome
xa son maior (Urbano)

‘Haiku de lua chea’
Fervenza pequecha
Recollida entre as sombras
Da carballeira tupida (Anónimo)

Sons do Alén,
a calma, a paz,
que alimenta o meu interior (Rosa María C.)

A medio camiño entre ceo e terra
Entre o correr do son do río
e o azul infinito (Nieves C.)

Deslíza-se o Alén
entre sombras e luces
da escura fraga (Xabier T.)

Cortei o pelo
a fetén
para ir o río Alén (Antonio)

Compañías entrañables
Vivencias inesquecibles
Marabillosa amizade (Toñi L.)

Alegre canto
Correndo pola fraga
Fala o río Alén (Helena P.)

Ala riba non sei donde había non sei que Santo…
levándolle non sei que
dábate non sei canto (Antonio)

Ule o loureiro
A verde luz da fraga
O Alén cantando (Helena P.)

Na verde fraga
corren as augas do Alén
claras e frías (Xabier T.)

Un perfecto dia
es buena compañía caminata, naturaleza
y buena cerveza (M.J. Lourido)

Ollar de cores fermosas
Sons que enervan os sentidos
Maxestuosa natureza (Toñi L.)

O Alén cautiva e sorprende
Na senda do camiñante
Que enamora o seu andar (Toñi L.)

Ule o loureiro
corren as augas do Alén
sombras da fraga (Xabier T.)