Haikus “Val de Portapiñeiros”

Influencia da lúa minguante
Infusións de dopamina
Emocións no ar (Ana S.)

Verdes mil
Estralotes, fentos, musgos máis herbas de San Xoan
Sons da agua (Ana S.)

Pureza, autenticidade
natureza viva
conectividade (Anónimo)

Unha flor, aí aterra unha abella.
Observa a curvatura dos pétalos perfumados.
E o pole toca o estigma do ovario. (Anónimo)

Os eucaliptos:
Onde había vida,
medran os cartos (Jacobo)

Nin luz nin ruídos
entre abetos norteños
ledos xogos de cans (Loli e Esteban)

Altos bidueiros
e alfombras de musgo
aledan sendeiros (Loli e Esteban)

O río baixa con corrente desatada.
Debaixo do gran carballo,
a tupida herba convida ao descanso. (Anónimo)

Corre a vida,
húmida e con forza,
nos ríos abrolla
**
Auga correndo
Primavera latente
Nubes no azul (Yolanda)

Camiñando co lobo por Covelo…
ao carón dos regatos,entre bidueiros, piceas e herbas,
xurden estas verbas. (Yolanda)

Os brións amosan o seu segredo
Neste intre
Aparece a fraga máxica (Raquel)

No chan,  as cores amarela, lila, rosa
Son as flores.
Universos cheos de vida. (Anónimo)

AMIG@
Teño q voltar
Fagolles moita falta
Perderianseme (Urbano)

Tempo de herbas
e maxia por San Xoán.
Lúa Nova terás (Loli e Esteban)

ANDAREIR@
Xuntos, revoltos
Caíndo, xa erguéndome
Pantasma non son (Urbano)

No Covelo atopei
un fermoso tormentelo
que de miralo non cansei (Rosa María)