Imaxes da “Visita a Guimarâes. Patrimonio da Humanidade”

Abrimos coa Pedra Formosa do Balneario da Citânia de Briteiros. O seu requintamento é unha mostra máis do refinamento da cultura castrexa.

E na fermosa Guimarâes…

Afonso Henriques, a incipiente Portugal, o rococó do fermoso Palacio dos Lobo Machado, o triste final do escultor Soares dos Reis e a súa impresionante obra “O desterrado”, o Condado de Portucale, a muralla do S.XIII que conseguía xuntar os dous núcleos vimaranenses, a condessa Mumadona Dias, a beleza sosegada de largos e prazas, nomeadamente as de Sao Tiago e da Nossa Senhora da Oliveira; a Casa das Rótulas ou o urbanismo do XVII, unha voda singular durante o percorrido, unha descendente da familia Abreu entrando na casa renacentista-quiñentista da linaxe, os Paços do Concelho, o Condado Portucalense, o Castelo dos Almada, a Casa dos Coutos,….



En Fafe e Guimarâes..

A arrecendente menta de auga, o case extinto ulmeiro, a beleza da carballeira termófila, a medicinal herba madroa e o hipérico ou abeloura, o Campo de Ataca ou a derrota de Dona Teresa de León e o Conde de Traba a mans do seu fillo Afonso Henriques, con 19 anos, os viñedos de enforcado e de arjôes na contorna rural,..

E en Briteiros..

Martins Sarmento e o seu proxecto de desvendar os vestixios históricos máis antigos entre o Miño e o Douro, o requintamento da cultura castrexa, a singular e extensa Citânia de Briteiros, a Casa do Concello, o horrorizada que ficaba a sociedade romana ao saber que a castrexa tomaba o viño sen o mesturar con auga ou outro líquido, Gonçalo, a arqueóloga da Sociedade Martins Sarmento ou a pedagoxía da ciencia, os balnearios, as levadas, os muíños, as divindades prerromanas, os pentásceles, os motivos ondeados,…

Até máis ver!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *