Visita a Guimarâes, Patrimonio da Humanidade. 26 e 27 de xullo

Guimarâes presenta un centro histórico harmónico, fermoso, proporcionado, no que conflúen arquitecturas de varios séculos, aínda que será o urbanismo do S.XIX o que acubille esa riqueza patrimonial.

A vistosa rúa Egas Moniz, o curtido, o liño, o Largo da Oliveira, a condesa Mumadona, a coqueta Praza S. Tiago, o Castelo, Afonso Henriques, o elegante Largo do Toural, a olaría, o nacemento de Portugal e a separación de Galiza,..



Mais tamén coñeceremos os arredores a través de dúas rutas de senderismo, en Guimaraes e Fafe. Nelas, os cultivos de liño, os viñedos de enforcado, as pequenas fragas con carballos de gran porte, o Campo de Ataca, a menta de auga nos remansos, o ulmeiro no bosque de ribeira, a eira, as cortes do gando, o río Vizela,..

E na freguesía de Briteiros, un percorrido por un dos castros máis extensos do noroeste ibérico; a Citânia de Briteiros, Monumento Nacional.

Ben descuberto, entre sobreiras, carballos e freixos, a variedade das súas construcións (Balneario, Casa do Consello, núcleos residenciais, rúas principais e secundarias) e a actividade económica desenvolvida amosan que nos atopamos ante unha cidade principal.

E remataremos no Museo da Cultura Castrexa onde se mostran achados da cultura castrexa entre os que destaca a Pedra Formosa de Briteiros.

Anímaste?

Máis indicacións no programa (preme no programa) e deseguido.

-A tarifa é 59€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 51€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 51€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 51€.
-O prezo inclúe a cea e a hospedaxe do sábado, o almorzo e o pícnic do domingo. Tamén inclúe a preparación do programa, as monitorizacións e as visitas guiadas.
-Límite da inscrición, 32 persoas; anotarase segundo orde de inscrición.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *