II Día da Ciencia en Galego. Imaxes.
Co gallo do “II Día da Ciencia en Galego”, o 4 de novembro, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo puxo en marcha un programa no que se promovía o uso da lingua galega en diversas actividades entroncadas na ciencia.
Así, entre o 2 e o 24 de novembro, Faia Educación Ambiental participou no antedito programa cos obradoiros “As nosas árbores”, “Elaboración de plastilina”, “Elaboración de aceites esenciais” e “Elaboración de crema dentífrica”.
Dirixidos á Educación Infantil, Educación Primaria e ESO de diversos colexios da cidade de Vigo tomamos parte nunha experiencia suxestiva e enriquecedora.
A conxunción do coñecemento desprendido da realización dos obradoiros e a dinamización da lingua galega a través do uso común e da fixación de conceptos foron os obxectivos das actividades.
A implicación do alumnado foi gratificante e o profesorado colaborou. Concluímos que a experiencia gostou e foi proveitosa para todas.
Parabéns por esta iniciativa e até máis ver!