Imaxes do obradoiro de pan biolóxico. 12 e 19 de novembro.
Os sábados 12 e 19 de novembro, Faia Educación Ambiental desenvolveu un novo obradoiro de pan biolóxico. Nivel iniciación.
A primeira xeira dedicámola á elaboración de pan de trigo biolóxico. Combinamos a preparación da bola coa práctica do enfornado e a elaboración do lévedo nai.
Comentadas as experiencias da primeira xornada, percibimos que todas lle tiramos proveito, en maior ou menor medida, ao obradoiro pois os resultados da elaboración do pan na casa de noso resultaron satisfactorios.
Na segunda, tal coma acontecera o primeiro día, as persoas realizaron o seu propio pan mais neste caso o cereal empregado foi a espelta, un trigo moi aromático.
E, entre fermentacións, unha receita de rosca.
Desde logo, comezarmos e sermos quen de pechar o ciclo dun alimento básico, o pan, fomenta a crenza nas nosas capacidades.
Haberá máis. Até ese intre, cumprimentos a todas!