Iniciación á caligrafía artística.

O termo caligrafía significa “escritura fermosa”. A caligrafía crea, a través da palabra unha imaxe fermosa, que dependerá da habilidade persoal, da velocidade, dos materiais empregados e do coñecemento desta arte.



Faia convida neste curso a iniciarse nunha arte que precisa concentración, fomenta a motricidade fina, promove a creatividade, fortalece o enxeño e potencia a personalidade a través da exclusividade de cada letra que se crea.

Eis a temática do curso:

  • Desenvolvemento da escritura e tipos de letra característicos.
  • Medios e materiais (papeis, tintas e plumas). As capitais.
  • Práctica de textos con diferentes alfabetos.
  • Práctica de capitais.
  • A ornamentación.
  • Elaboración do escrito:  marcapáxinas ou pequecha poesía aplicando un alfabeto determinado.

Indicacións:

Destinatarias. Público adulto

Duración. 12h

Localización. O Porriño

Datas. 2, 7, 9, 14, 15, 16 de febreiro

Horario. 18,30h até as 20,30h

Tarifa. 33€

Prazas limitadas. 12 persoas

Inscrición. Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706. Tamén podes facela a través da icona de contacto do ángulo superior dereito ou remitir un correo electrónico a info@faia.gl. Deixa un teléfono de contacto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *