Imaxes da Visita á Reserva da Biosfera Ría de Eo-Oscos-Terras de Burón

Situámonos no Teixo, en Taramunde. E abrimos coa imaxe deste pequecho pois…non digades que non é lindo! Ai, se isto o escoita Celia!

E agora, si. Comezamos coa fermosa fervenza da Seimeira: puido con nós.
O grupo, outra vez estupendo. Ganas de gozar, de andar, de aprender.  Desde Faia, parabéns.

E estas, son Imaxes que xa fican retidas nas meniñas dos nosos ollos e de aí, non se van.
Até máis ver!

IV Día da Ciencia en Galego. Vigo

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo pon en marcha no mes de novembro un amplo programa para lle dar pulo ao IV Día da Ciencia en Galego cuxo lema “O dereito a gozar da Ciencia e da Arte en galego” reivindica as figuras de Bucky Fuller, Isaac Díaz Pardo e Florence Nightingale.

E, nese programa, Faia participará, ao longo do mes de novembro, levando actividades aos centros de ensino de Vigo, dirixidas á Educación infantil, Educación primaria, ESO e Bacharelato, nun novo esforzo do Servizo de Normalización para colaborar na promoción e espallamento do uso da lingua galega alí onde o precisar.

Nos obradoiros prestámoslle atención aos cambios químicos ou físicos das substancias, á creatividade, ao uso do léxico relacionado cos recursos dos obradoiros, á conversa en galego.

Velaquí tedes imaxes do programa do ano 2012

Outono 2013. Visita á Reserva da Biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón. 25, 26, 27 de outubro

Declarada Reserva da Biosfera pola Unesco no ano 2007 e compartida por Galiza e Asturias, as 158.883 hectáreas de Eo-Oscos-Terras de Burón aloxan unidades paisaxísticas diversas tales coma os ríos cun alto grao de naturalidade cuxa repercusión se estende até a vitalidade das praias e cantís do norte da reserva, formacións boscosas fermosas e xenerosas onde campan o carballo atlántico, o carballo albar, pradairos, acivros, bidueiros ou castiñeiros e, como adoita acontecer, ameazadas por planificacións forestais de piñeiro que coutan a súa expansión ou impiden o desenvolvemento doutros ecosistemas de media montaña.

A presenza de pequenas poboacións fomentou a aparición de praderías de sega, soutos, hortos de froiteiras e terras para o cultivo da vide.

E o traballo preindustrial da redución e transformación do ferro advertímolo na forma de mazos, ferrarías e fraguas espalladas pola reserva natural.

Situámonos en Taramunde e Santalla de Oscos; alí os percorridos polos bosques propios, o cooperativismo do leite ou as iniciativas de recuperación do patrimonio encherán a fin de semana do 25, 26 e 27 de outubro, co ánimo de nos adentrarmos na realidade ambiental, económica, social e cultural dunha parte da reserva.
Mais tamén haberá tempo para nós..

Eis o programa. Anímaste?

No verán…un conto e Obradoiro de xabón de avea e caléndula. Vigo

NO VERÁN…UN CONTO. Navia e Praza da Independencia, Vigo.

Rematou o programa “No verán…un conto” do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Faia participou cunha actividade baseada nas estacións do ano e nas laboriosas e fundamentais abellas.

Outono 2013, Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón. 25, 26, 27 de outubro