Outono 2013. Visita á Reserva da Biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón. 25, 26, 27 de outubro

Declarada Reserva da Biosfera pola Unesco no ano 2007 e compartida por Galiza e Asturias, as 158.883 hectáreas de Eo-Oscos-Terras de Burón aloxan unidades paisaxísticas diversas tales coma os ríos cun alto grao de naturalidade cuxa repercusión se estende até a vitalidade das praias e cantís do norte da reserva, formacións boscosas fermosas e xenerosas onde campan o carballo atlántico, o carballo albar, pradairos, acivros, bidueiros ou castiñeiros e, como adoita acontecer, ameazadas por planificacións forestais de piñeiro que coutan a súa expansión ou impiden o desenvolvemento doutros ecosistemas de media montaña.

A presenza de pequenas poboacións fomentou a aparición de praderías de sega, soutos, hortos de froiteiras e terras para o cultivo da vide.

E o traballo preindustrial da redución e transformación do ferro advertímolo na forma de mazos, ferrarías e fraguas espalladas pola reserva natural.

Situámonos en Taramunde e Santalla de Oscos; alí os percorridos polos bosques propios, o cooperativismo do leite ou as iniciativas de recuperación do patrimonio encherán a fin de semana do 25, 26 e 27 de outubro, co ánimo de nos adentrarmos na realidade ambiental, económica, social e cultural dunha parte da reserva.
Mais tamén haberá tempo para nós..

Eis o programa. Anímaste?



Máis indicacións.

-A tarifa é 79€ por persoa.
-O prezo inclúe a hospedaxe da sexta feira/venres 25, sábado 26, a cea-convivio do sábado, as monitorizacións, visitas guiadas, a preparación do programa e o seguro de responsabilidade civil.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 67€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 67€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 67€.
-Os apartamentos rurais teñen a máxima cualificación outorgada polo goberno astur. Son bonitos e acolledores; algúns dispoñen de berce e noutros hai conexión a internet wifi de balde. As cociñas están ben equipadas.
-Límite da inscrición, 35 persoas.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes ligar para o 686998706.
-Nos días posteriores á inscrición se realizará o pagamento de 15€ da reserva que se descontará do total da tarifa; o ingreso farase no nº da conta 2080 0524 81 3000027868 (Marcelo Rodríguez). Deberán aparecer o nome e os apelidos e o concepto “Viaxe a Oscos”.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-A empresa dispón de seguro de responsabilidade civil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *