Ruta da fervenza do Xesta. A Serra do Suído.

No Suído, as augas do Xesta transcorren por vales pronunciados e desniveis de terreo considerábeis e así, na fermosa fervenza A Freixa, o río precipítase polo rochedo granítico, cinguido de vexetación propia: logo, o seu leito encaixado crea un canón impoñente con fragas ben conservadas na ladeira de orientación norte.

Resulta que o Xesta garda -eis a súa fortuna, a súa riqueza- as fragas máis extensas do suroeste galego.

O Corno do Bico. Imaxes.

A media montaña, os cultivos de millo branco, amarelo e batata -anteriormente tamén o trigo e o centeo-, bosques de carballos, pradairos e bidueiros nos cumes, a visión paisaxística (Ponte de Lima, Arcos de Valdevez, O Xurés, A Peneda, O Galiñeiro, A Guarda), o gando propio, o minhoto e o barrosán, as conversas.

E rematamos, cuns pingos e meias de leite acompañadas duns bocados de torta de laranxa e leite condensado, torta de cenoura e chocolate, torta de noces e torta de coco.

A tarde esmorecía…