IV Día da Ciencia en Galego. Vigo
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo pon en marcha no mes de novembro un amplo programa para lle dar pulo ao IV Día da Ciencia en Galego cuxo lema “O dereito a gozar da Ciencia e da Arte en galego” reivindica as figuras de Bucky Fuller, Isaac Díaz Pardo e Florence Nightingale.
E, nese programa, Faia participará, ao longo do mes de novembro, levando actividades aos centros de ensino de Vigo, dirixidas á Educación infantil, Educación primaria, ESO e Bacharelato, nun novo esforzo do Servizo de Normalización para colaborar na promoción e espallamento do uso da lingua galega alí onde o precisar.
Nos obradoiros prestámoslle atención aos cambios químicos ou físicos das substancias, á creatividade, ao uso do léxico relacionado cos recursos dos obradoiros, á conversa en galego.
Velaquí tedes imaxes do programa do ano 2012