Parque Natural de Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias. Abril de 2012.
Se pensarmos nun sitio fértil e nunha natureza exuberante aparecen no noso maxín lugares preñados de vida.
O Parque Natural de Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias podería ser un destes espazos.
Faiedos, carballeiras, o oso, modelados glaciares, a pita do monte. E malia os momentos difíciles que pasaron as comarcas de montaña, as cunqueiras, a olaría, o galego de Asturias, o asturiano, os viñedos, a gandaría, o agro, o patrimonio civil e relixioso súmanse á riqueza do patrimonio natural. Tamén tivo pulo a minaría.
E hoxe, percíbese a implicación da comarca no proxecto do parque natural. Imos coñecelo. Agardamos que gostedes del.
Velaquí o programa.
Até xa!
Máis indicacións.
-A tarifa é 98€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 3 ou máis persoas, unha tarifará 87€. Asemade, as menores de 11 anos, acompañadas de nai, pai ou titora legal, tarifarán, tamén, 87€.
-O prezo inclúe a hospedaxe en apartamentos rurais equipados, a preparación do programa, a cea convivio do sábado e as monitorizacións.
-Monitorizacións limitadas a 30 persoas.
-Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706. Tamén podes facela a través da icona de contacto do ángulo superior dereito ou remitir un correo electrónico a info@faia.gl. Deixa un teléfono de contacto.