Obradoiro de pan biolóxico. Iniciación. 21 e 28 de abril
O obradoiro de pan biolóxico divídese en dúas quendas. Así, utilizando fariñas biolóxicas e unha fermetación natural co lévedo nai, imprescindíbel na elaboración do pan de calidade, realizaremos entre todas, durante dous sábados, o proceso preciso para conquerirmos un pan rico e saudábel.
Este pan estará libre dos aditivos que fomentan melloraren a textura, o seu olor e sabor, de acordo coa preocupación pola apariencia que inza na nosa sociedade.
Conversaremos sobre o lévedo nai, a masa nai, o gran do cereal, as fariñas ou as chaves para facermos un bo pan.
Cada sábado, as participantes deixarán preparado o pan para a súa cocción. As fariñas a utilizarmos serán a triga e a centea. Incluímos, tamén, a espelta, unha variedade antiga de trigo que contén unhas propiedades nutricionais elevadas e un sabor intenso.
Agardamos que gostes. Anímaste?
Indicacións.
-Limite de prazas, 13 persoas.
-A tarifa é de 32€ por persoa. O pagamento farase o día 21, no comezo do obradoiro.
-Horarios. Sábados 21 e 28 de abril, desde as 9h até as 13h.
-Localización. Local do Porriño.
-Punto de encontro. Ás 8,45h no Parque do Cristo.
-As persoas anotadas deberán traer un cunco de cristal de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
-É obriga formalizares a inscrición no teléfono 686998706 ou a través do correo electrónico info@faia.gl. Deixa un teléfono de contacto.