O oso. O medio. O grupo. Imaxes de Narcea.

Días asollados, orballeiros, bretemosos, nevados.

O grupo, responsábel. Nos camiños, entre fala e esforzo, envolvíannos a reboleira (quercus pyrenaica), o faiedo (fagus sylvatica), a matogueira florida (erica australis, erica arborea), o souto (castanea sativa), o bosque de érbedos (arbutus unedo), a carballeira albar (quercus petraea).

E apareceu o oso. Esqueces todo, os ollos regálanse. É unha forte impresión. E houbo quen viron rebecos.

Ter en conta o pasado, vivir no momento e traballar cara ao futuro. Aínda hai tempo de cultura cunqueira. Aínda hai tempo para realidades necesarias.

Manifestouse a flora; cángaros, xacintos, dentes de can. A palloza, o canastro, o baile gaiteiro.

Logo, Narcea, Leitariegos.

Velaí Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias.
Até máis ver!

3 thoughts on “O oso. O medio. O grupo. Imaxes de Narcea.

  1. A verdade é que o pasamos moi ben. A desconexión foi xunto coa as risas do mellor. Pero tamén puidemos comprobar que a o alto valor ecolóxico da
    Comarca pode ser unha alternativa a anteriores actividades económicas.

  2. Llevo mas de 7 años practicando senderismo pero estos dias en Asturias ha sido lo mejor,con muy buena organizacion el clima fue perfecto,buena forma de conocer la identidad de un pueblo,bien trasmitida por sus gentes,paisajes impresionantes,la sorpresa de poder observar un oso,cena con gaitas y baile,mi enhorabuena.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *