“A elaboración de cervexa; iniciación”. 31 de maio e 7 de xuño. Salceda de Caselas

A elaboracion de cervexa e os seus sabores, texturas e aromas variarán segundo os tipos de malta a utilizarmos,  a cantidade de lúpulo, o momento de o engadir ao mosto, as temperaturas na maceración do gran e na cocción do mosto ou a correcta utilización do lévedo.

E así, no obradoiro da Tabertenda (Salceda de Caselas), faremos unha deliciosa cervexa negra a partir do seu extracto de malta.

PROGRAMA

Sábado 31 de maio, 17h-19,30h

Os útiles. Fermentadores, válvula, densímetro, termómetro. Alternativas caseiras.

Os ingredientes. A auga, o lévedo, o extracto, o lúpulo.

Método de elaboración. A cocción, o arrefriado, as densidades, a fermentación.

Sábado 7 de xuño, 17h-19,30h

A gasificación

O embotellado



Indicacións

-Datas. 31 de maio e 7 de xuño

-Destinatarias. Público adulto.

-Localización. A Tabertenda (Salceda de Caselas).

-Duración global. 5h aproximadamente.

-Hora de comezo. 17h

-Inscrición. Na Tabertenda (teléfono 630628893)

-Podes demandar máis información neste formulario ou no teléfono 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *