“A elaboración de pans aromáticos. O pan de cervexa e o pan de cebola”. 7 e 14 de xuño, O Porriño.
Na elaboración do pan de cervexa, as cervexas negras, rubias, torradas dan lugar a pans aromáticos con diferentes texturas, olores, cores e sabores. A cervexa xera un novo equilibrio entre a masa nai e a masa e mudan os tempos de fermentación.
É un pan que retén a humidade, xa que logo se conserva ben. O resultado é un pan exquisito.
Na fotografía, pan de cervexa torrada feito na casa.
Exquisito e saboroso, o pan de cebola é un alimento. Tomado no almorzo, na merenda, só, con aceite de oliva, con queixo,… tamén presenta unha elaboración e uns tempos de fermentación propios.
A sensación e certeza de estarmos diante dun bo alimento acrecenta o seu protagonismo na comida.
Na fotografía, o pan de cebola.
PROGRAMA
Sábado 7. 9,15h- 13h
-Elaboración de pan de cervexa.
E, entre fermentacións..
-Os ferrmentos do pan. A elaboración de masa nai.
-Proba de diferentes pans feitos na casa.
Sábado 14. 9,15h-13h
-Elaboración de pan de cebola.
E, entre fermentacións…
-Tipos de fariñas. Usos.
-Elaboración de bolachas de avea.
Nota
-As persoas anotadas elaborarán cadanseu pan e deixarano preparado para o enfornaren deseguido nas súas casas.
-Na elaboración de cada pan haberá 2 fermentacións.
Indicacións
-A tarifa é 23€ por persoa. O pagamento farase o día 7 de xuño, no comezo do obradoiro. A tarifa inclúe as fariñas biolóxicas, os fermentos e o seguro de responsabilidade civil.
-Localización. Local do Porriño.
-Punto de encontro. Ás 9h na Praza do Concello.
-As persoas anotadas deberán traer un cunco de cristal de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
Para o pan de cervexa, 33cl (o equivalente a unha lata ou botella) de cervexa negra, rubia ou torrada (a elixir).
Para o pan de cebola, unha cebola mediana.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706.