“Visita á Reserva Natural Cuetu D’Arbas, Bosques de Mual e Degaña, Lagoas glaciares e Camiños do oso. Parque Natural Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias” Asturias, 13, 14, 15, 16 de abril

Declarado Parque Natural, Reservas da Biosfera (Hermo e Muniellos), Reserva Natural Parcial Cuetu d’Arbas, Zonas de Especial Conservación, Zonas de Protección das Aves e Reserva Integral de Muniellos.

Inmerso no Cordal Cantábrico e entre os 600m de Rengos e os 2010m do Cuetu d’Arbas, O Parque Natural Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias é un exemplo de voluptuosidade vexetal e animal.

Acubilla a poboación máis importante de oso pardo, que se espalla entre os seus extensos Bosques de faias, Carballleiras Albares, Reboleiras montanas. Bidueirais altimontanos, Bosques de castiñeiros; e ligando bosques, montañas nas que salienta a uz vermella (australis).

E unha rareza. O Carballo Cantábrico (Quercus orocantabrica).

Numerosos vales glaciares onde se erixe poderoso o cumio Cuetu d’Arbas, e as lagoas que o circundan coa escasa vexetación subalpina asociada; velaquí, o arando subalpino (uliginosum), o xenebreiro rastreiro (communis subsp. alpina), fentos endémicos. As singulares turbeiras, tamén están representadas.

O Patrimonio inmaterial e a cerámica negra de LLamas del Mouro, da madeira do mundo Cunqueiru, das madreñas de Pambley. Núcleos rurais de gran interese, con abondosa achega etnográfica, artística. Bisuyu, Riodeporcos, Fondos de Vega, Ibias,..

E así, 4 rutas de sendeirismo que tocarán o glaciarismo, as montañas, os camiños do oso e os fermosos bosques astures, mais as visitas guiadas ao Obradoiro de cerámica negra de Llamas del Mouro, ao Núcleo Rural de Bisuyu e ao Centro de Interpretación Alejandro Casona, centrarán esta visita a Narcea.

Velaquí, Narcea. Exuberante, case lascivo..

Anímaste?

Preme no PROGRAMA, HOSPEDAXE, RESERVA

Máis información e tarifas, no remate das fotografías.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Indicacións

-A tarifa é 109€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 99€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 99€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 93€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do xoves, venres e sábado en apartamentos rurais equipados (saída o domingo), a cea-convivio do sábado, as visitas guiadas, as monitorizacións das rutas, preparación do programa e o seguro de responsabilidade civil.
-Límite da inscrición, 36 persoas; anotarase segundo orde de inscrición. A inscrición require confirmación por parte de Faia.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará