Imaxes da “Carvalheira de Abedim”, Monçao

As congostras, camiños carreteiros pisados, cos noiros ateigados de fentas, a alegría no grupo, os soros-esporanxios-esporas do fento das pedras, a subida ao Castelo de Penha da Rainha, o agradábel xantar ao sol, a importancia dos brións e a humidade, as bagas vermellas dos limpos acivros, as conversas no camiño, o valor das carballeiras galaico-portuguesas, a amplitude da paisaxe no alto. O refrixerio en Monçao…

Todo isto, cun grupo de persoas exemplares.

Até breve!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *