Verán no Courel coa Asociación Nautilius de Santo André de Comesaña (Vigo)

As devesas, os vales da influencia atlántica, a facenda e as iniciativas empresariais sustentábeis ocuparán o tempo de Faia Eduación Ambiental e da Asociación Nautilius de Santo André de Comesaña, os días 29 e o 30 de xuño.

O Courel, o paradigma do medio preñado de diversidade. Sempre fascinante, sedutor.
E así, emperiquítase de verán para nos recibir.

Lembramos ao grande Uxío Novoneyra?
“Inda non estoun co’ela. Aínda ún sigue n’el.
Estoun en Compostela vendo nevar no Courel”

Se desta voluptuosidade, fecundidade, fertilidade souberan as insensíbeis cabezas que planifican a política forestal galega probabelmente deixarían de desnaturalizalo, empobrecelo con piñeiros; desaparecerían as devasas que non devesas…

Até máis ver!

1 thought on “Verán no Courel coa Asociación Nautilius de Santo André de Comesaña (Vigo)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *