Trilho do Corno do Bico. A Rede Natura.



Pequechos bidueirais nos cumios, faias zarrapicadas pola espesura, matas profusas do brión polytricum nas beiras da corredoira, pereiras bravas que nos falan da rexeneración nos bicos, cumes ou cimas.

En Paredes de Coura, situada nunha zona de montañas pequechas e arredondadas, atopamos O Corno do Bico.

Declarada Paisagem Protegida e Sitio da Rede Natura, abraia polo seu abondoso manto vexetal no que as carballeiras son a formación dominante. A carón do carballo, o bidueiro e o acivro. Mais non sempre foi así.

Polas súas encostas até o fondo dos vales, os cultivos nos socalcos, práctica harmónica do agro co medio, persisten, por isto, ao longo do tempo. E así, desde os cumios, enriquecen e engalanan a paisaxe. A arquitectura tradicional, os bolos de granito, os bosques ripícolas que abeiran o río Coura e os afluíntes do Vez e do Lima polos seus vales.

De todos os percorridos que atravesan esta área protexida, o Trilho do Corno do Bico amósanos unha boa parte dos seus valores. Serán 10 quilómetros de dificultade baixa. É belo e interesante. Anímaste?

Indicacións

-Localización. Paredes de Coura.
-Data. 26 de maio.
-Lonxitude do percorrido. 10 quilómetros.
-Dificultade. Baixa
-Punto de encontro. Valença de Minho, detrás da antiga alfándega, ás 10h, hora galega.
-Hora de comezo. 11h.
-Hora de remate. 17h, aproximadamente.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Tarifa. 8€.
-Na unidade de convivencia de 3 ou máis persoas, unha tarifará 3€.
-As menores de 12 anos tarifarán 3€.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-Cómpre inscribirse antes do 25 de maio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *