Ruta “A primavera nas Carballeiras galaico-portuguesas” 29 de abril, Paredes de Coura (Portugal)

Renóvase o medio natural.

No río Pinheiro, na carballeira galaico-portuguesa, abrollan as follas das árbores caducifolias. No estrato arbóreo e arbustivo, a diversidade, abruma. Abelairas, pradairos, bidueiros, carballos, loureiros, sanguiños, castiñeiros, estripeiros, escambróns, xilbarbeiras.
No baixo tapiz vexetal, as esporas preséntanse, de formas diversas e curiosas, en brións, liques e fentos, dispostas coa auga a camiñar e dar vida a novos seres.
A flora, ateiga o chan de narcisos, leitarugas, ranúnculos, violas, cáncaros, pasadas as épocas da floración de moitas árbores.
E a auga, que todo o invade, achega caídas fermosas por entre as fendas separadas e erosionadas hai ben de anos.
Máis información, logo das fotografías





Máis indicacións
-Localización. Paredes de Coura (Portugal)
-Data. 29 de abril.
-Lonxitude do percorrido. 8 quilómetros.
-Dificultade. Baixa-moderada. Altitude 325m-500m
-Punto de encontro. Ás 10,30h, na Ponte Internacional de ferro entre Tui e Valença (na parte portuguesa).
-Hora de comezo. 11h.
-Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
-Tarifa. 8€ (Inclúe a preparación, a monitorización da ruta e o seguro de responsabilidade civil). O pagamento farase ao inicio da actividade.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 4€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 4€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 4€.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario . Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *