Paseo “Os sobreirais de Mosteiró” 12 de maio (Valença de Minho)

Encaixados nas estribeiras do Monte do Faro, Lagoas e San Silvestre, con altitudes de 500m a  750m, os sobreirais  salpican o terreo irregular e emperiquitan as matogueiras cos seus corpos retortos.
Nestes solos pouco profundos, acompañan as queirogas brancas e as carpazas amarelas ás sobreiras, e as carrouchas lillas ao mato. Mais no ciclo da primavera-verán a explosión das cores amarela e violeta dos pampullos e borraxas acicala e inunda os eidos do val na paisaxe aberta cara ao Miño.

Máis INFORMACIÓN e INSCRICIÓN logo das fotografías.

INDICACIÓNS
Data. 12 de maio.
Lonxitude, 12km.
Dificultade. Baixa.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 17h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *