Paseo “Os bosques do Coura”, 12 de setembro (Paredes de Coura, Portugal)
“En entrando no bosque, vexo ás Hepáticas na procura da notoriedade xusta, a visibilización, ante a abrumadora expansión dos Brións, amantes das pedras.
Ollándose 450 millóns de anos. Aguantan. No acubillo fiel de carballos e escambróns. Na apertura discreta dos bidueirais. Xunto da fecundidade das augas estancadas.”
Máis información e inscrición, tras as fotografías.
INDICACIÓNS
–Prazas limitadas.
–Lonxitude. 12 quilómetros.
–Nivel de dificultade. Moderado.
–Hora de comezo. 11h.
–Hora de remate. 17h, aproximadamente.
–Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-As persoas menores de idade deben vir acompañadas por unha adulta. Nalgún caso excepcional, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
INSCRICIÓN
A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental. Tamén podes facela ligando para o 686998706 e en info@faia.gl[ninja_form id=26]