Paseo ‘As Carballeiras do Barragán’ 30 de xaneiro (Pazos de Borbén)
E o río bole e estrala en burbullas de ar. Xa asentadas as hepáticas nos seixos das beiras do río ou na parede dalgunha congostra compartindo o espazo coas fentas, patelos e seixebras, agabean as briófitas arañando o humus esponxoso, e rube a carballeira, aínda colina polas ladeiras en pendente do val, compartindo no alto, logo de tanto esforzo, un novo inicio. Alí, no espazo dos seres elegantes, agardan os compañeiros bidueiros.
E así, vai gobernando a harmonía.
E decide o que é bo para todas.
E a vida vóvese tola. Aínda existe o bosque.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.
INDICACIÓNS
–Lonxitude do paseo. 11 km.
–Dificultade. Baixa-moderada.
–Hora de comezo. 11h.
–Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
–Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
O transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
INSCRICIÓN[ninja_form id=33] -Tamén podes facer a inscrición en info@faia.gl ou ligando para o teléfono 686998706. A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.