Paseo “Recantos da Serra do Suído. O Alto Tea” 16 de xaneiro (Covelo)
Chove no Suído. Desde o alto do cavorco, o murmurio do mozo Tea rezuma vitalidade e frescura, e erosiona o seu leito ácido.
Polo camiño, a humidade e o terreo son do gusto das briófitas Hypnales de talos ramificados, non tanto das hepáticas. Os carballos atlánticos modifican as estruturas e chaparros, e retortas as pólas, amosan a súa resiliencia en recantos boscosos onde os rebolos fan a súa aparición, e os bidueiros dominan cómodos as vagoadas e mestúranse entre os bosquetes deciduos. Entrementres, o mato e o gando.
No alto, as fermosas chans do Suído retrotráennos ao fascinante devir da terra onde as oroxenias empreñaron un novo suceso e modelaron as formas da rochosa Dorsal galega.
A paisaxe e a historia xeolóxica da Dorsal galega non se rouba. O seu valor intanxíbel, escapa a calquera negocio lucrativo das ventoíñas. E así falan, braman e xemen o Xistral, a Cova da Serpe, a Faladoira, o Cando, o Suído,..
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.
INDICACIÓNS
–Lonxitude do paseo. 9km.
–Dificultade. Baixa-moderada.
–Hora de comezo. 11h.
–Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
–Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
O transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
INSCRICIÓN[ninja_form id=32] -Tamén podes facer a inscrición en info@faia.gl ou ligando para o teléfono 686998706. A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.