Paseíños para peques.”Os vistosos e singulares seres das rochas da intermareal” Cabo Estai (Vigo), 14 de maio

É domingo, baixa a maré.

Fermosas ascidias de colonias incrustantes.

Cunchas de tamaño variado, de liñas diversas, formas similares e diferentes. Cores claras e escuras.

Ameixas, mexillóns, arneiróns, lapas, caramuxos, longueiróns.

Actinias que parecen flores. Algas verdes, pardas, vermellas. Anémones de mar….

Queimacasas. Estrelas de mar.

Ourizos violáceos, vermellos.

Intensos amarelos e laranxas dos liques xanthoria e caloplaca. Sobre os que se pousa a gaivota patiamarela, que olla ao carrán en picado e percibe o voo horizontal do veloz corvo mariño.

Mentres, arrecende a pirixel mariño, o noso fiúncho do mar..

Indicacións
-Localización. Cabo Estai (Vigo).
-Data. Domingo, 14 de maio
-Lonxitude do paseo. 2km.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4-12 anos.
-Obxectivos. Descubrimento e coñecemento dos seres máis representativos da intermareal. Actinias, anémones, bivalvos, ourizos, crustáceos. As algas. Os liques asociados. A avifauna.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.

  • Unidade de convivencia. 1 menor mais nai e/ou pai ou titora legal, 10€.
  • Unidade de convivencia. 2 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 14€
  • Unidade de convivencia. 3 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 17€
  • No caso de se superar o número de adultas (2) a tarifa pola terceira persoa adulta é 4€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia dará un caderno que deberán traballar as unidades de convivencia. Levade bolígrafo, lapis e lapis de cores.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *