Imaxes do “Paseíño para adultas. O marabilloso mundo dos seres miudiños!”

A descuberta do valor de diversidade, dos papeis dos sexos nas diferentes especies.

As interacións e interdependencia entre as especies que nos falan da complexidade, da fortaleza e, asemade, da fraxilidade do equilibrio entre as especies.

Os mecanismos de reprodución, defensa, alimentación. Os seus sons, as súas cores, os seus movementos, os tamaños.

As formas de calquera parte, de calquera todo, os comportamentos, teñen razóns de ser que resultan sublimes cando son observadas, descubertas, entendidas.

Unha vida non chega para tal fermosura, para tal ledicia, para tal coñecemento.

Supoñen unha recompensa de vida máis que o medio natural nos ofrece sen danarnos, sen esixir nada….mais indícanos que a humanidade debe caer da cúspide do venerado raciocinio que ela mesma creou e redimensionar, dunha vez, o seu papel neste ferido mundo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *