A cociña vegana. “Obradoiro de queixos veganos e bebidas vexetais”. O Porriño, 14 de marzo.

Receitas sinxelas e céleres ou elaboradas e demoradas, sabores e texturas novas, saudábeis receitas novas e convencionais ou o coñecemento amplo de froitas, hortalizas, legumes, cereais, fomentan unha dieta diversa, rica en combinacións e creativa, con resultados saborosos e coloridos.

A cociña vegana.

Entramos, no ámbito das alternativas aos produtos lácteos cun obradoiro de queixos veganos e bebidas vexetais.

Velaquí, o programa. Máis indicacións no remate das fotografías.

16h-20h. Sábado, 14 de marzo. O Porriño

RECEITAS DO OBRADOIRO

QUEIXOS VEGANOS
Feta de améndoas e olivas
Queixo de altramuces e alcachofas
Parmesano de noces e tomate
Queixo de sementes de xirasol á mostarda
Queixo de crema de noces para untar

BEBIDAS VEXETAIS
Leite crudivegano de abelás ou améndoas
Leite de flocos de avea
Leite de arroz

DEGUSTACIÓN




Indicacións
-Data. Sábado, 14 de marzo.
-Hora. Desde as 16h até as 20h
-A tarifa é 21€ por persoa. A tarifa inclúe a degustación dos alimentos elaborados, o dosier coas receitas, os recursos alimenticios e o seguro de responsabilidade civil. Poderán traer ao obradoiro caderno e bolígrafo para anotacións. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-Localización. Local no Porriño.
-Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *