“Visita ao Parque Natural de Somiedo. Reserva da Biosfera”. 2, 3, 4, 5 de abril, Asturias
Zona central do Cordal Cantábrico.
Somiedo.
Collemos folgos. Respiramos fondo..
Vales profundos, farallóns recortados, montañas de picos afiados cuxas ladeiras caen en pendente pronunciada, engrobas escarpadas de vertixe, covas.
Acubillo de rebezos, corzos, voitre leonado, choias, venado, pitas do monte ou oso.
Lagos, antano circos glaciares, cuxo illamento os converte en ecosistemas especiais coa presenza de endemismos.
Solos silíceos e calcáreos que agochan a gayuba, a centáurea somedana, a xanzá, a laureola, o xenebreiro rastreiro e os matos de uces.
Representacións dos estratos colino (até os 500m), montano (600m-1500m), subalpino (1600-2400m).
Bosques onde as faias, caxigos, carballos albares, rebolos, bidueiros, tileiros, mostallos, teixos, acivros, pradairos, aciñeiras, freixos aparecen segundo altitude, latitude, solo, orientación.
Brañas e pasteiros. Cabanas de teito, vaqueiros de alzada, corros, cortíns, ocheras, paneras.
Anímaste?
Velaquí tedes o programa (preme no “programa”) da visita. Máis indicacións no remate das fotografías.
Máis indicacións
–A tarifa é 99€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 89€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 89€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 89€.
-O prezo inclúe a hospedaxe nos apartamentos rurais El Mirador del Parque, a cea-convivio do sábado, as visitas guiadas, a preparación do programa, as monitorización das rutas e o seguro de responsabilidade civil.
–Límite da inscrición, 40 persoas; anotarase segundo orde de inscrición. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A información sobre a reserva aparece no “programa”.