A ruta dos Carranos, con Down Pontevedra “Xuntos”, Covelo, 22 de outubro

É un percorrido engaiolante. O bosque de ribeira do Tea amósanos, xeneroso, retallos da súa abundancia. O fresco bosque atlántico de ribeira, a ponte secular. O sobreiral de orientación sur.  Cómpre ollarmos durante un bo treito aquilo que o Tea oferece. É un corredor ecolóxico importante para a fauna e a flora. Vai cara ao Miño.  E loogo, muda a paisaxe. E aparecen o mosaico, o gando, a arquitectura da vivenda e tamén o conxunto etnográfico do Aserradoiro dos Carranos, cos seus catro predios; e ollaremos a impoñente nora de 6 metros de diámetro. Acolá, construíanse, á parte doutras pezas, os carros; velaquí a orixe do nome do percorrido.

Ao descubrirmos isto, a sensación de sosego aumenta engordiño -coma din no Courel- que, ás veces, falla nos fai…


E, en chegando ao cabo da ruta atravesaremos un pequeno bosquete de sobreiras nas zonas de solaina.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *