No verán…un conto, Vigo
Dentro da programación No verán…un conto que a Concellaría de Normalización Lingüística puxo en marcha o mes de xuño, Faia Educación Ambiental participará con dúas sesións de contos para cativas, logo de ser adiada a última semana de xullo para o mes de setembro.
“A historia dunha abella” e “o relato dunha bolboreta” encaixarán nunha das estacións do ano, o verán.
O 4 de setembro, na Praza da Independencia; e o 20 de setembro, en Navia; os dous días, ás 20h.