Visita a Serra da Queixa e Montes do Invernadoiro. Imaxes

O  complexo, completo e poderoso Macizo Central garda, entre montañas, fermosuras. Acubilla as delicadas bagas vermelloalaranxadas do capudre alí, no alto, entre a humanidade e as divindades. O delicado, elegante bidueiro montano, entre as uces brancas, engalana a paisaxe primorosa. O cespitoso arando. O fermoso croco azulvioláceo espallado polo gando nos pasteiros. A curvatura sinuosa, sutil, suave do belo val glaciar. Paula e as atraíntes experiencias cos leiróns. O valor da paisaxe. Nieves Vidueira ou a fortaleza, respecto, creatividade, goce e desexo polo medio rural vivo…Aprendamos. O entroido de Viana, os corzos fuxidíos,….

Velaí, o Macizo Central.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *