Curso “As plantas aromáticas e medicinais. Elaboración de ungüentos e cremas hidratantes” O Porriño (Chicoria Ultramarinos), 10, 17 de xuño

Existe unha gran variedade de preparados hixiénicos e cosméticos segundo o seu estado, usos e métodos cuxa finalidade é a da protección ou alivio corporal. Así, bálsamos, locións, solucións, pomadas, cremas hidratantes, xaropes, ungüentos,.. fan parte de fórmulas e preparados que veñen de vello.

Os ungüentos son preparados con alta proporción de substancias indicadas para aliviaren as afeccións secas da pel. As cremas hidratantes son emulsións de absorción rápida; hidratan e humectan a pel, dada a tendencia a secarse por factores externos e internos.

Neste curso, coñeceremos as plantas aromáticas, os métodos naturais e sinxelos de elaboración de cremas hidratantes e ungüentos con elas. As fases e porcentaxes, os emulxentes, conservantes, antioxidantes. Os extractos oleosos e a súa elaboración.

Orixes, composiciòn, tipos, funcións, aplicacións dos preparados oleosos.

E remataremos cun paseo de campo para o recoñecemento dun bo número de plantas aromáticas, ventureiras e cultivadas, utilizadas non só para o noso coidado físico pois tamén presentan unha dimensión cultural e social certamente relevantes.

PROGRAMA

Sábado, 10 de xuño

16,30h-18,45h HIXIENE E COSMÉTICA (módulo I)
“Elaboración de crema hidratante de caléndula e aloe vera”
“Elaboración de leite corporal”

-Coñeceremos as propiedades da caléndula e do aloe vera na crema hidratante; usos e funcións.

-Darásevos un pequeno caderno con todo o relativo aos obradoiros realizados e levaredes unha mostra da crema hidratante e do leite corporal.

Sábado, 17 de xuño

11h-13,15h HIXIENE E COSMÉTICA (módulo II)
“Elaboración de ungüento de lavanda e romeu”
“Elaboración de protector labial”

–Coñeceremos as propiedades do romeu e da lavanda no ungüento; os seus usos e funcións.

-Darásevos un pequeno caderno coa información dos obradoiros realizados e levaredes unha mostra de ungüento e protector labial.

17,30h-20,30h PASEO DAS AROMÁTICAS
Paseo polo monte. Recoñecemento e usos culinarios, culturais e medicinais das plantas aromáticas. A madroa, o poexo, o tormentelo, o ourego, a abeloura, a néboda, a politaina, o trovisco,…

Darásevos un caderniño, que deberedes traballar polo paseo, con información sobre as plantas aromáticas que atopemos polo camiño, co ánimo do seu recoñecemento.

Máis información, ao remate das fotografías.

Lugar.
Chicoria Ultramarinos. Tenda de produtos sustentábeis (O Porriño)

Tarifas
-Asistencia a 1 módulo , 15€/persoa.
-Asistencia a 2 módulos, 28€/persoa.
-Asistencia a 1 módulo + Paseo das aromáticas, 23€
-Asistencia ao Paseo das aromáticas, 10€/persoa.
-Asistencia a todas as actividades (2 módulos + Paseo das aromáticas), 34€/persoa

Nota. Todas as persoas levan unha mostra feita en cada obradoiro para as súas casas.
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706, no correo-e info@faia.gl ou inscribíndote na tenda Chicoria Ultramarinos. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *