Faia Educación Ambiental

Visita ao “Parque Natural Lago de Sanabria. Entre bosques de teixos, lagos glaciares e reboleiras montanas” 1, 2, 3 de novembro, Sanabria

Nas proximidades do bosque sombrizo e desolador, a humidade fluía polas ladeiras do extinto glaciar. Formas laterais arredondadas que no alto nos protexen. Rebolos e bidueiros. Baixamos devagar. As pradeiras densas de arandeiras e luzulas ben alimentadas, e as briófitas dominadoras de toda fisura de madeira ou pedra, fánnolo presentir. Está aí. Están aí. Primeiro, unhas manchas entre as abelairas e bidueiros e logo, tras a verea correcta, entramos no seu bosque. Nada máis belo.

Grandes teixos con formas similares ao corpo humano, maxestosos, envellecidos desde hai séculos, mais aínda recios e varudos, existían coa súa descendencia máis cativa acó e acolá. O chán, aflixido e en pendente, pois non tiña vexetación, como debe ser. Eu, abraiada, non sabía se tocalos. Canto dano lles fixemos…Dubidada, e pensaba que mesmo a nosa ollada podía ferilos. Acariñámolos e arrepentinme. E sen nos determos, unha última ollada desde a orla do seu bosque, o seu derradeiro dominio.

Anímaste?

PROGRAMA (PREME NA PALABRA)

ALOXAMENTO E RESERVA (PREME NA PALABRA)

Máis indicacións ao remate das fotografías.

MÁIS INDICACIÓNS

-A tarifa é 89€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 79€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 79€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 79€.
-O prezo inclúe e distribúese na hospedaxe de 2 noites (venres, sábado), a cea de 2 noites (venres, sábado), o almorzo de 2 días (sábado, domingo), e o xantar volante/picnic de 2 días (sábado, domingo) no Albergue de San Martín de Castañeda. Tamén inclúe a tarifa de Faia Educación Ambiental (preparación do programa e as monitorizacións do medio), as visitas guiadas ao Castelo de Sanabria e á Escola Micolóxica de Ungilde, o seguro de responsabilidade civil.
-Límite da inscrición, 36 persoas.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *