Faia Educación Ambiental

Somos faia

O espolio dos recursos naturais e o sistema económico que o sustenta son a base da degradación e artificialización acelerada á que a especie humana, na cúspide dun triángulo, somete ao planeta.

As consecuencias da acción dunha única especie afectan a millóns delas, e tamén son a base das desigualdes sociais fomentadas a partir da raza, da discapacidade, do sexo, da orientación sexual, das ideas, da idade,…; na época da tecnoloxía e do acceso ao coñecemento, a infantilización da sociedade é palpábel.

Daquela, a Educación Ambiental é chave para a comprensión das relacións de interdependencia das especies e, por outra banda, das relacións existentes entre o medio e a sociedade. Para a súa consecución, promove unha aprendizaxe innovadora, fundamentada na anticipación, prevención, coñecemento, lecer e participación que permita a comprensión e fomente a implicación e o compromiso da sociedade.

No ano 2011, a empresa Faia Educación Ambiental nace coa ilusión de promover o coñecemento da nosa realidade ambiental a través de obradoiros, visitas guiadas, campañas, cursos, xornadas, eventos e actividades ligadas ao medio.

Dunha maneira lúdica e didáctica, mestura de coñecemento e lecer,  queremos fomentar unha visión máis diversa e rica da realidade e unha postura crítica co noso xeito de vida: os nosos actos repercuten decisivamente na sociedade e no medio e cada unha de nós pode participar na solución dos problemas colectivos.

E dado que, as cuestións ambientais están intimamente conectadas coas culturais, sociais e económicas, potenciamos tamén os valores da igualdade en todos os seus aspectos, a diversidade, a dinamización da lingua galega e a visualización da súa feminidade, o fomento da creatividade e a implicación social a través da participación.

1 thought on “Somos faia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *