Visita ‘ A sedución do Macizo Central Galego e Pena Trevinca’ 29 e 30 de xullo (Ourense)
‘Nun vasto e complexo sistema montañoso do Noroeste Ibérico…as reboleiras son puras e mestas, penduradas sobre canóns profundos, verticais e vales glaciares extintos. Montañas alombadas, corpudas, contrastan con cumios elevados e picos ergueitos novamente pola oroxenia alpina. Soutos culturais. Depresións higroturbosas con fermosos queirogais húmidos atlánticos.
A paisaxe de montaña emperiquítase cos prados de sega e as escasas formacións herbosas naturais. Tampouco non faltan as carballeiras galaico-portuguesas, os bosquetes montanos de bidueiros e acivros.
E así, entre todos os ambientes, hai elos que nos permiten entender o territorio’.A INSCRICIÓN, NO FORMULARIO LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.
Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl, ou, se tes dúbidas, ligando para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.