Visita “O Alto Douro e o Parque Natural do Túa. O Douro Vinhateiro, Patrimonio da Humanidade” 26 e 27 de agosto (Alijó-Régua, Portugal)

2 horas de viaxe. Un escenario fermoso. O Alto Douro.

“E así foi. Nun encantador paseo entre sobreiras, salferidos acó e acolá o ulmeiro, o arce de Montpellier, o lodoeiro, o cancereixo, descubro os meandros do Tua, os seus ‘Olhos’.

Mais a paisaxe evolúe, e o solo arxiloso laranxa e vermello gaña agora o espazo. Alí, desde a Marginal do río Douro, en altura e entre os viñedos e Quintas históricas, a ‘Paisaxe Evolutiva Viva do Alto Douro Vinhateiro’ conserva os retrincos ondulantes de ambientes pretéritos”.

A INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

INSCRICIÓN
Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl, ou, se tes dúbidas, ligando para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-A duración do traxecto é 2 horas. O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *