Visita de Outono “Bosques, montañas e lagos glaciares do Parque Natural de Somiedo” 1, 2, 3 de novembro, Asturias

Zona central do Cordal Cantábrico. Somiedo.
Un novo idilio. Respiramos fondo.
O bosque colorista e sombrizo, o bosque das faias, especialista na aplicación das cores, acólleme, mímame.
A clorofila aínda absorbe intensidades tenues de luz. Mais xa as antocianinas de arandos e lianas e os carotenos das faias, mostallos e caxigos tinguen, paseniño, o bosque de amarelo e vermello.
Na lingua glaciar, os pastos de montaña ondulan, soben polas paredes calcarias e convértense en cadro, e atalaia de vales profundos, montañas de picos afiados cuxas ladeiras caen en pendente pronunciada, farallóns recortados de rebezos, choias e voitres leonados. E de flora subalpina. A centaurea, a gayuba, o xenebreiro

Alí, onde campan as brañas, os acivros, os teixos, os cortíns, os carballos brancos, as ocheras e paneras, os tileiros, os pradairos,..

Preme no PROGRAMA e ALOXAMENTO E RESERVA.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.

INSCRICIÓN


Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl  indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas. Se tes dúbidas, liga para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos furgonetas e coches con certa capacidade.

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *