“Visita de Outono ao Parque Natural de Montesinho. O esplendor da Transmotana Portuguesa” Bragança, 1 e 2 de novembro
Situado no nordeste portugués, O voluptuoso e sensual Parque Natural de Montesinho, atravesado polas Serras da Coroa e de Montesinho, con vales encaixados entre os 440m e os 1480m, e asentado sobre xistos, rochas calcarias e granitos, e climatoloxía de transición, presenta unha diversidade vexetal abrumadora.
Entre grandes extensións de soutos, despuntan as masas dos seus bosques mediterráneos. Así, reboleiras e aciñeirais, por onde transitan o escaso Arce de Montpellier pequecho e pigmentado, e o Sangomiño.
Salferidos acó e acolá as estevas, as arzaias, os troviscos denotan o ambiente mediterráneo. E nos cavorcos, o Baixo Tuela rega Montesinho e xera cativadores ambientes de ribeira.
TARIFAS E INSCRICIÓN LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.















INSCRICIÓN
A inscrición neste formulario será contestada e confirmada por Faia nun prazo máximo de 24h. Se non se dese este caso, chama ao 686998706 Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

