Visita “Bosques galegos. O Bidueiral de Montederramo e as Reboleiras do Canón do Navea” 24 e 25 de xullo (A Ribeira Sacra e Terra de Trives)

Clorofilas, caretonoides, antocianinas repartidas nas follas deciduas de verde glauco de rebolo, verde nervoso de bidueiro, verde vivo de pradairo, verde seco de capudre, verde áspero de castiñeiro, verde escuro de amieiro.

Alí, na Serra de San Mamede, entre os 1000m e os 1600m, o Bidueiral de Montederramo, afastado, sereno e enigmático, contén a elegancia e beleza dos grandes bosques.
Será o seu estrato muscinal esponxoso ateigado de brións e hepáticas que ven medrar bidueiros e máis bidueiros. Cancereixos que queren participar da beleza do bidueiral. E acivros, e arandeiras. E uces brancas.
Hai que andar o bosque devagar, en silencio.., os sentidos alerta..

Son as Reboleiras do Navea, en cambio, as que penduran no seu Canón vertixinoso. A cúpula da foresta mesta e dilatada non deixa ver a luz e a nosa atención se centra na fermosa masa liquénica de Lobarias, Leprarias e Parmelias ao pé dos rebolos, e nos Soutos de castiñeiros que sobrancean no alto.

TARIFAS E INSCRICIÓN, logo das fotografías

 

LÍMITE DE PRAZAS
INSCRICIÓN E TARIFAS
Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl, ou, se tes dúbidas, ligando para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *