Visita aos ‘Bosques e brañas do Alto Sil e Parque Natural Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias’ 23, 24 e 25 de xullo (Asturias)
‘Tras as brañas, desde os altos bidueirais monoespecíficos que circundan fermosos bosquetes de teixos, baixan polos cavorcos de liñas oblicuas algúns bidueiros afoutos na procura de novas terras. Nelas, inzan pradairos, acivros, freixos, capudres, abelairas. Para o seu abraio, diante de si, ven as faias que se espallan, mesturan e colonizan o occidente. Mais os bidueiros seguen, non se deteñen, e chegan á profundidade do cavorco. E alí, no rego, unhas súas follas esvaecen. Alguén repara na despedida. E por fin, asenta.’
TARIFAS E INSCRICIÓN LOGO DAS FOTOGRAFÍAS
-LÍMITE DE PRAZAS
–INSCRICIÓN E TARIFAS
Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl, ou, se tes dúbidas, ligando para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.