Visita aos Bosques do Bierzo Occidental e Cumios do Courel. ” O Pico Formigueiros, o Faial de Busmayor e a Devesa de Fonteformosa. O camiño da poesía” 25, 26 e 27 de xullo

“No camiño da poesía dous territorios extensos estreitan lazos e implementan diversidade, opulencia e riqueza ambiental.
O Bierzo, a gran depresión formada por sedimentos na Oroxenia alpina, resgardada no seu perímetro por montañas egrexias (Alto Sil, Cordal Cantábrico, Montes Aquilianos, Os Ancares,.) estreita os lazos co Courel e próximo á serra amosa bosques fermosos, inicio das devesas courelás até o pico Formigueiros…”

VELAQUÍ O PROGRAMA  E O ALOXAMENTO E RESERVA

INSCRICIÓN

—A inscrición neste formulario será contestada e confirmada por Faia nun prazo máximo de 24h. Se non se dese este caso, chama ao 686998706 Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl  indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas. Se tes dúbidas, liga para o teléfono 686998706.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade. Se non tiveres transporte, coméntao e resolveremos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *