Visita aos Ancares. “Os Bosques dos Grobos e Cruzul e o Pico Miravalles. Bosques e montañas do Noroeste Ibérico” 27 e 28 de xullo

No sudoeste do Cordal Cantábrico, unha brava e vasta cadea montañosa subalpina acubilla 35 Ecosistemas de Interese Comunitario e os seus numerosos picos roldan os 2000m. Cuíña, Miravalles, O Corno Maldito ou Tres Bispos son cumios esgrevios, rotundos.
Desde o alto do Miravalles, os vales son profundos e abertos. Alí, as goladas ou engrobas entre montañas; acolá, as campas herbáceas. Até o lonxe, circos e linguas glaciares.
A flora alpina amosa as xistras aromáticas, fentos alpinos, os xenebreiros e a uz de turbeira.
Por acó choias biquivermellas, por acolá, rebezos.
Toda unha variedade de mostallos, carballos albares, atlánticos, ulmeiros, acereiros, cerquiños, faias, pradairos, castiñeiros, teixos, aciñeiras, freixos, amieiros distribúense equilibradamente nos seus bosques propios, nos redutos boscosos tan escasos coma os aciñeirais puros, bosques Kársticosbidueirais montanos, ou os bosques monoespecíficos de acivros, sombrizos e sobrecolledores.
E a proposta biolóxica e ecosistémica acompaña a outra social de envergadura…

Preme no PROGRAMA e no ALOXAMENTO E RESERVA

MAIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.

 

 

 

INSCRICIÓN A inscrición neste formulario será contestada por Faia nun prazo máximo de 12h. Se non se dese este caso, chama ao 686998706


Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl  indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas. Se tes dúbidas, liga para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *