Visita ao “Parque Natural Las Batuecas-Sierra de Francia, Sierra de Gredos-Béjar e Bosques de Ambroz” Laurisilvas e desfiladeiros do Sistema Central Ibérico” 17, 18, 19, 20 de abril (Salamanca)

No profundo Val das Batuecas, un novo bosque afortala o río. Grandes follas lauroides, con limbo dilatado anegan as súas beiras. É un bosque de durillos. O froito negro e as fermosas flores brancas en umbelas propician a beleza do camiño. Xa nas penedías penduran os aciñeirais…e tamén, as cabras montesas.
Cara ao sur, grandes sobreiras con portes sinuosos adaptados ás encostas crean bosques fornidos e tan pronto comezamos a gozar deste reduto vibrante, a escena muda e e os xenebreiros reclaman atención.
Mais, andada a distración, diante de min unha porta vexetal se abre e aprecio o túnel dos érbedos. Convídanme a pasar ao seu terreo. E non sei como describilos pois a emoción satúrame! Tan curvados están que as súas copas se bican e parecen falar entre eles…; sabemos que a comunicación establécese polas raiceiras mais a súa expresión concrétase na parte aérea, na copa. Os toros retortos, ondulados, acrecentan a sensación do movemento que os nosos sentidos non perciben. Tropismos moi lentos…
No tunel, no biotopo dos érbedos, vívese intensamente a soidade, o coñecemento, a pertenza e o respecto. Ecosistema sombrizo, labiríntico, húmido, monocromático, con poucas uces brancas e algún rebolo despistado. E comezan os acivros…

Preme no PROGRAMA e no ALOXAMENTO e RESERVA

TARIFAS E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

INSCRICIÓN
—A inscrición neste formulario será contestada e confirmada por Faia nun prazo máximo de 24h. Se non se dese este caso, chama ao 686998706

Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl  indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas. Se tes dúbidas, liga para o teléfono 686998706.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade. Se non tiveres transporte, coméntao e resolveremos.

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *